O 112 Emerxencias Galicia xestionou a coordinación do envío de medios de auxilio e asistencia á céntrica rúa Vázquez de Parga de Carballo, tras a alerta dun particular por unha persoa tirada na beirarrúa á altura do número 33. Os feitos sucederon pasadas as dez da noite deste sábado, ao lugar acudiron as forzas da orde e unha ambulancia asistencial que prestou os primeiros auxilios ao ferido e evacuouno do lugar. A forza actuante investiga as circunstancias en que se puideron producir as feridas que presentaba esta persoa. Ao peche da nosa edición investigábase se puidese ser agredido cun obxecto punzante, ou ben un coitelo ou unha navalla.