Carballo | Atopan sen vida no seu domicilio a un veciño de Noicela

Iglesia de Noicela.

Un veciño da parroquia carballesa de Noicela foi atopado sen vida no faiado do seu domicilio a última hora da tarde deste luns. Tras dar a voz de alarma un familiar, ao lugar desprazáronse os servizos sanitarios nunha ambulancia do 061 quen á súa chegada só puideron certificar o seu falecemento. O home, J.F.L.R. de 52 anos, vivía coa súa nai, enferma desde hai un tempo. Pertencía a unha familia moi coñecida e era o segundo en idade de catro irmáns. Podería tratarse dun suicidio, pero a autopsia será a que determine as causas exactas da súa morte. Os seus restos están a ser velados no tanatorio do Grupo Bergantiños na Laracha e este mércores terá lugar o funeral pola súa alma ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Noicela.