30
Varias foron as persoas que se percataron dun accidente de tráfico ocorrido preto das nove da noite deste sábado nas inmediacións do Parque do San Martiño en Carballo. Emerxencias pasou unha alerta a esa hora polo atropelo dun home duns 40 anos de idade. Segundo testigos presenciais o home quedou tendido no chan, aqueixado dun golpe nunha perna, pero o condutor do turismo, un Opel Corsa de cor escura, fixo caso omiso e proseguiu o sentido da marcha. Minutos máis tarde o ferido foi evacuado nunha ambulancia para recibir asistencia sanitaria. Ao peche desta edición as forzas de seguridade trataban de pechar o círculo sobre a investigación, para identificar o turismo e o condutor do mesmo.