Carballo | Atropelo mortal en Rus

Ás 9:30 da mañá deste venres tivo lugar un accidente no termo municipal de Carballo con resultado dunha persoa falecida ao ser atropelada por unha furgoneta de reparto. O suceso produciuse na estrada DP-1914 Km 6, no lugar da Canosa, xunto ao cruce que comunica con Erbecedo-Coristanco. A persoa falecida era un veciño xusto do lugar. Ao momento no seu auxilio acudiron de inmediato varias patrullas da Garda Civil e Protección Civil de Carballo, A Garda Civil de Tráfico e unha Ambulancia do 061, pero xa nada se puido facer pola vida do accidentado, Luis Agrelo Collazo de 93 anos de idade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha