Carballo | Atropelo na rúa Fábrica e choque na Gran Vía

1 minutes read

Pasados uns minutos das once e media da mañá deste luns o 112 Emerxencias Galicia daba a voz de alarma sobre un atropelo que se producía en Carballo, en concreto na intersección das rúas Fábrica e Cristina, xunto ao paso de peóns. Ao lugar trasladouse a Policía Local e unha Ambulancia do 061 que trasladou a unha muller que resultou ferida. Investíganse as causas do suceso.

Ademais en Carballo, pero ás seis da tarde, tres turismos resultaron danados nunha colisión que se produciu á altura do número 84 da rúa Gran Vía. Afortunadamente sen danos persoais. Ao lugar tamén acudiu a Policía Local para levantar o correspondente atestado.