- Na Xunta de Goberno tamén foi adxudicado o contrato de roza de vías á empresa Jardincelas S.L.
A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou este luns varias licenzas de obra, entre elas a de reforma da subestación eléctrica de Unión Fenosa Distribución S.A., situada no lugar de Quintáns. A empresa eléctrica realizará un investimento de 1.935.590 euros co obxectivo de pasar do esquema actual de barra simple ao de dobre barra, mecanismos que estarán aloxados no interior dun novo edificio.
Na primeira Xunta de Goberno Local do ano 2021 tamén se aprobou a adxudicación do contrato de roza das vías municipais á empresa Jardincelas S.L., que ofrece unha porcentaxe de redución sobre os prezos unitarios máximos do 16,06%.
En materia de contratación declarouse deserto o procedemento de adxudicación das obras de reurbanización da rúa Tarragona, incluídas no POS+2020, por non haber ningún licitador.