Carballo | Auxilian a unha muller á que lle quedou un dedo atrapado no capó do coche

Unha imaxe dos Bombeiros de Carballo

Os Bombeiros de Carballo tiveron que actuar para sacar o dedo dunha veciña, que lle quedou atrapado no capó do coche. A persoa foi liberada sen máis consecuencias, iso si, necesitaría asistencia médica. Así, tras recibir o 112 Galicia a chamada dunha persoa particular pasadas as sete da mañá deste luns, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais dos efectivos de salvamento e rescate do parque comarcal de Carballo. Igualmente, pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local, que se dirixiron á Rúa da Ponte, onde se produciron os feitos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha