- O alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos achegáronse ata Sísamo, onde está a traballar estes días a empresa adxudicataria
O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones Vázquez y Reino por 432.091 euros, chegará ás 18 parroquias do concello. As actuacións consisten no asfaltado de 72 treitos de distintas lonxitudes e anchos que dan acceso a vivendas, explotacións e parcelas de uso público.
En total serán pavimentados máis de 12 quilómetros de pistas, cunha superficie de 43.693,84 metros cadrados.
Agás en dous casos, nos que se aplicará dobre rego, en todas as vías está prevista a aplicación dunha capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor.