Carballo avanza parte da súa programación cultural de verán máis refrescante

2 minutes read
  • Boyanka Kostova, Xosé Lois Romero & Aliboria ou Xurxo Fernandes estarán na capital de Bergantiños durante xullo e agosto.

Concertos, circo, danza, maxia, literatura, cine e festas populares encherán o verán cultural máis refrescante de Carballo. Para non perder o ritmo do San Xoán, os meses de xullo e agosto traerán á capital de Bergantiños o mellor menú cultural.

Do 7 ao 10 de xullo. Praza dos libros. O xardín municipal acollerá contacontos, música, danza, libros, presentacións e moitas outras propostas coa imaxinación e a creatividade por bandeira.

Venres 8 de xullo. Bellón Maceiras & Mamá Cabra. Concerto infantil para os máis cativos.

Sábado 9 de xullo. Concerto de Xosé Lois Romero & Aliboria. Presentarán un espectáculo exclusivamente de voces e percusións tradicionais recuperadas de principios e mediados do século XX como instrumentos de labrar o campo, utensilios de cociña ou latas de pemento.

Sábado 15 de xullo. Nova Galega de Danza. Leira é o nome do espectáculo onde se fusiona o tradicional co contemporáneo, todo acompañado da excelente composición musical realizada polo carballés Sergio Moure.

Sábado 22 de xullo. Concerto de Xurxo Fernandes. Unha das voces máis singulares do panorama actual, capaz de innovar minuciosamente desde a tradición cunha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva.

Sábado 29 de xullo. Concerto de Uxía e Javier Ruibal. Un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca.

Sábado 5 de agosto. Conerto de Boyanka Kostova. O dúo galego formado por Cibrán García e Chicho é considerado o impulsor do twerking rural. É un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.

Venres 12 de agosto. Desastronauts. Unha compañía circense que impresiona ao público máis cativo cos seus espectáculos de altura, humorísticos e imaxinativos.

Venres 26 de agosto. Festival de música e baile tradicional. Os grupos de música e baile tradicional máis representativos de Carballo amosarán todo o que rodea o patrimonio etnográfico da zona.

Sempre que o tempo o permita as actividades desenvolveranse ao aire libre. Nos próximos días o Concello desvelará a programación completa.