Carballo | Avanzan a moi bo ritmo as diferentes obras na parroquia de Oza

Campo de la fiesta de Oza_Ayuntamiento de Carballo

  • Está previsto que para a semana se actúe en Rus e Artes

O Concello de Carballo continúa atendendo as peticións proxectadas polos consellos parroquiais como no caso de Oza, onde avanzan a moi bo ritmo as obras de extensión da rede de auga a toda a parroquia. As actuacións da canalización ata Serantes, que tamén chegará á Goiáns, están xa en fase de contratación; e tamén se prevé levar este servizo ao lugar de Vilar de Uz.

Pero en Oza tamén se estableceu como prioritario o acondicionamento do campo da festa despois da súa adquisición, utilizando a fórmula de participación ao 50% entre o Concello e a veciñanza. Estas obras, que xa están en marcha, forman parte do proxecto denominado “Conservación e mellora de pavimentos en varios lugares de Rus, Artes e Oza”, adxudicado á empresa Vázquez y Reino por 281.022,50 euros procedentes do superávit do ano 2018. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse este mércores ata Oza para comprobar o avance das obras, que inclúen a pavimentación do campo da festa, así coma dos accesos ao mesmo.

Ademais, a partir da próxima levaranse a cabo as outras dúas actuacións incluídas no proxecto. En Rus, tras o soterramento do cableado da contorna da igrexa, acondicionarase a zona con cemento; e en Artes, onde xa se empezou cos traballos previos ás obras, daráselle resposta á principal demanda do consello parroquial que, despois do arranxo do centro social e da instalación da rede de saneamento, priorizou a pavimentación da pista.