Carballo | Avanzan as obras de saneamento e abastecemento en Berdillo

Obras en Berdillo_Cedida.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ata unha das obras relacionadas co ciclo integral da auga que o Concello de Carballo ten en marcha neste momento, e que permitirá completar as redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Berdillo. A actuación, que ten un orzamento de 275.000 euros, permitirá estender estes servizos aos lugares do Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda, cun total de 32 vivendas.

Con este proxecto complétase un investimento de case 3 millóns de euros en obras hidráulicas realizadas entre o ano pasado e o actual para estender as redes de auga e/ou saneamento a 40 lugares de 12 parroquias, e que segue ampliándose con novas intervencións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha