26
Veciños da rúa Fábrica e empregados dun establecemento comercial intercederon na mañá deste mércores ante a chamada de axuda que berrou unha moza na rúa, segundo testemuñas presenciais que lle deron refuxio e avisaron á Policía, ela estaba a discutir cun home, presuntamente o seu compañeiro. Na liorta, a moza resultou ferida nun brazo e nunha man, polo que se iniciou unha investigación para determinar se foi ferida accidentalmente cando se pechou a porta do coche xunto á loita ou se foi atacada no curso da liorta. A moza foi trasladada ao centro médico de Carballo para ser atendida, mentres que o home co que discutira se ausentou do lugar.