Carballo bate un récord na captura de velutinas: 14.782 raíñas en tan só un mes

Niño de velutina_Cedida

  • A campaña de trampeo, na que participan 245 persoas, estenderase un mes máis

Dous meses despois de iniciarse a campaña anual de trampeo da avespa velutina no Concello de Carballo, a empresa concesionaria do servizo municipal de control de pragas capturou un total de 18.611 raíñas, aínda que a diferencia entre marzo e abril é espectacular: 3.829 no primeiro mes fronte ás 14.782 no segundo, multiplicando case por 4 o número de avespas atrapadas.

Na campaña de trampeo colaboran 245 persoas e actualmente hai 1.406 trampas distribuídas polas 18 parroquias, que se suman a moitas outras de fabricación caseira nas casas de centos de veciños.

A campaña prolongarase durante un mes máis. As persoas en participar tan só teñen que cubrir un formulario na web do Concello.