Carballo | Berocasión celebrará unha nova edición a finais de agosto


  • Os propios establecementos participantes, en formato de portas abertas, acollerán do 27 ao 29 de agosto, coincidindo co feirón, o gran mercado do vehículo de ocasión.

Berocasión cumpre 16 anos consolidada como a feira do sector máis importante de Galicia. E para que siga sendo así, Axober, en colaboración co Concello de Carballo volve a levar as rendas da organización.
Esta edición, igual que o ano pasado dada a actual crise sanitaria provocada pola COVID19, celebrarase no mesmo formato e será nos propios establecementos participantes na modalidade de portas abertas.
Este ano, continuando coa tendencia a alza das últimas edicións, contará con 13 participantes: Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, , Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles KIA, Vilas Rama-Citroën, V-Car Hyundai, Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota, JGCar. Taller Cinco, Garvi Automóviles.
Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.
Co desexo e a esperanza de que as boas cifras de vendas acadadas nas últimas edicións se repitan, e deste xeito poder paliar os efectos tan negativos da COVID-19 no sector, Berocasión arrincará o venres 27 de agosto nos establecementos participantes, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, durante toda a fin de semana será o lugar de referencia de todas as persoas que estean buscando un vehículo á súa medida.