Carballo | Berocasión pon á venda máis de mil vehículos para todos os gustos e petos


Axober, en colaboración co Concello de Carballo e os concecionarios participantes volve estar á fronte da organización dunha nova edición de Berocasión que terá lugar desde este venres 27 ata o domingo 29 de agosto. Esta edición coincidirá co feirón do domingo 29 e tamén co MercaeDillo organizado polo CCA. Unhas actividades conxuntas que sen dúbida crearán unha sinergia importante de atracción de público e movemento comercial na capital de Bergantiños durante esta fin de semana.

Este ano, continuando coa tendencia a alza das últimas edicións, contará con 13 concesionarios participantes: Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor- Nissan, Corgal Automóbiles KIA, Vilas Rama-Citroën, V-Car Hyundai, Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota, JGCar, Taller Cinco, Garvi Automóbiles.

Nas súas exposicións atoparemos, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais ou de importación. En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiamento.