Carballo | Bombeiros e Policía colaboran na evacuación dunha persoa enferma

Camión de Bombeiros ubicado na rúa.

Unha muller enferma e de avanzada idade tivo que ser evacuada este mércores ao mediodía por unha xanela do seu domicilio ao non contar o edificio con ascensor e ante a imposibilidade de facelo polas escaleiras. A solicitude de asistencia foi requirida polo 112 na rúa Doutor Fleming, 35-2º pasada a unha da tarde, onde a esa altura foi necesario cortar a rúa uns 45 minutos para situar o camión de Bombeiros e acceder á vivenda mediante a súa escaleira. Acto seguido a señora foi trasladada en ambulancia para a súa valoración médica.

Escaleira dos Bombeiros desplegada durante a súa intervención.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha