Carballo | Retirado un rótulo da mítica Casa San Ramón


Este martes terminou coa vida útil dun dos rótulos da céntrica librería carballesa Casa San Ramón. A retirada a media tarde obrigou a cortar a rúa Desiderio Varela e á intervención dos Bombeiros de Carballo, ante a atenta mirada de moitos curiosos, para desmontar as pezas colgantes e os restos do cartel, con máis de medio século de vida.