58
- Para Vieiro estas axudas son un aliciente para continuar co seu propósito
A asociación antidroga Vieiro de Carballo recibiu de CaixaBank un donativo de 7.000 euros que irán destinados á prevención de condutas adictivas entre os máis novos.
Desde Vieiro agradecen o apoio recibido, destacando que para eles isto é «un gran aliciente para poder continuar co noso principal propósito: poder sustentar os recursos necesarios para atender as numerosas demandas que se producen por problemas de condutas adictivas».
No acto de entrega do donativo estiveron a directora da oficina de CaixaBank Carballo, Ana Mourelle Vázquez; a presidenta de Vieiro, Fina Rey Baldomir; e varios membros da xunta directiva como María del Pilar Mata Fernández Balbuena e Susana Couto Ramos.