Carballo | Calcinadas varias parcelas de monte na Grela

1 minutes read

Un incendio nas inmediacións do campo de fútbol da Grela en Carballo obrigou a montar un amplo dispositivo para tratar de extinguilo, dada a súa proximidade a algunhas das vivendas da zona. O lume orixinouse minutos antes das cinco da tarde deste sábado, con vento en calma e unha temperatura ambiente superior aos 25 graos. Iso contribuíu á propagación rápida do lume, polo que foron mobilizados os Bombeiros de Carballo, efectivos de Medio Rural, Protección Civil, Policía Local e a Garda Civil. Afortunadamente os efectivos desprazados foron capaces de atallar o incendio antes de que puidese causar danos maiores nalgunhas das vivendas da zona.