Carballo | Cambio de ubicación da parada de autobús da rúa Perú


A partir de agora a parada de autobús que ves na imaxe, situada na rúa Perú, modifica o seu emprazamento, xa que se traslada uns poucos metros, dende as inmediacións do Parque Rego da Balsa ata a zona situada entre os cruces das rúas Estrela e Ourense. Despois do cambio da marquesiña eliminarase a sinalización horizontal da parada utilizada ata o de agora, tal e como informa o Concello.