Carballo camiña cara unha rede municipal de parques infantís integradores

1 minutes read

A do parque do Chorís, na imaxe, e a da Praza do Hospital, son as dúas primeiras actuacións dunha futura rede municipal de parques infantís integradores, na que só para este ano o concello ten consignado un investimento próximo ao millón de euros.

Nos parques do Chorís e da Praza do Hospital ampliáronse as áreas de xogo para poder colocar máis elementos. A actuación afecta aos xogos infantís, varios deles inclusivos, pero tamén ao resto do recinto. As obras supoñen un investimento de 106.0000 euros procedentes dos recursos propios municipais.

Ademais dentro do proxecto “Carballo para a infancia”, que será financiado cunha subvención da Deputación da Coruña acometerase a reforma de integral dos parques da Praza do Concello, a Praza Eduardo Pondal e a Praza da Milagrosa, nos que, como no caso anterior, actuarase nos recintos e nas zonas axardinadas e realizarase unha renovación completa dos xogos infantís.

Tal e como informan dende o concello, as actuacións transformadoras chegarán tamén nos vindeiros meses a varias parroquias como será a reforma integral de toda a área de ocio da Ponte de Bértoa, incluído o parque infantil, as pistas polideportivas e un novo parque de calistenia; a reforma integral do parque infantil de Razo e a creación dunha nova zona de xogos en Artes.