Carballo | Campaña de erradicación de vertedoiros incontrolados

1 minutes read

As áreas de Medio Ambiente, Servizos e Seguridade do Concello de Carballo colaboran nunha nova campaña de erradicación de vertedoiros incontrolados. Nestes momentos está en investigación a procedencia de varios vertidos localizados nos últimos días, e dende o Concello de Carballo apélase á colaboración veciñal para localizar ás persoas responsables e adoptar as medidas sancionadoras ou legais oportunas. Esta acción coincide coa aprobación no Parlamento de Galicia, esta pasada semana, do proxecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados, que se basea no principio de “quen contamina paga” e que establece sancións de 900 a 1.750.000 euros en función do tipo de infraccións que se cometan.