Carballo | Cances celebrará este sábado a súa tradicional Festa do Pichorro

1 minutes read

O mes de agosto segue a ofrecernos a recuperación das edicións gastronómicas máis completas tras o mal trago vivido en tempos de pandemia. Un deses célebres eventos será este sábado 26 no municipio carballés: a Festa do Pichorro de Cances, que vai xa pola súa 19ª edición. E ademais de saborear un dos produtos máis típicos da horta, poderás desfrutar dunhas actuacións musicais de altura coa actuación ás 8 da tarde do grupo de música tradicional “Gaiteiros de Cances”. Acto seguido terá lugar a apertura da carpa para degustar a materia prima raíña da festa “pichorros asados”, acompañados de panceta, cachelos e chourizos. Tamén haberá tempo para os concursos e a diversión, primeiro co X Campionato de debullamento de millo con mango de fouciño. E logo, para pechar a festa, moito baile coa actuación de Rocío Pérez e Dj David. Lembra, a cita será este sábado 26 de agosto ás 20:00 horas, nas escolas unitarias de Cances, organizada pola Asociación Cultural San Campio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?