Carballo CEIP Fogar | 40 casos de Covid e 9 aulas pechadas

1 minutes read

A cifra de casos positivos nos centros educativos segue a ser preocupante, supón case o 34% dos 186 casos confirmados este martes na capital de Bergantiños. A peor parte lévaa o CEIP Fogar, con 40 casos positivos confirmados e 9 aulas pechadas, segundo os datos difundidos este martes pola Consellería de Educación. Dende o Concello de Carballo expresan a súa preocupación polo avance do coronavirus no colexio Fogar e a súa solidariedade coa comunidade educativa, ademais de insistir na importancia de que todas e todos respectemos as medidas de prevención vixentes nestes momentos.

A situación de casos no resto de centros educativos carballeses, segundo os últimos datos publicados pola Xunta, está do seguinte xeito:

  • CEIP Bergantiños: 4
  • CEIP Gándara-Sofán: 2
  • CPR Plurilingüe Artai: 4
  • CRA Ponte da Pedra: 2
  • IES Alfredo Brañas: 5
  • IES Parga Pondal: 1
  • IES Monte Neme: 5
  • Escola Infantil As Landras: 1