Carballo celebra hoxe o Día sen Coches, que consistirá no peche ao tráfico rodado de varias rúas de distintos barrios para convertelas en espazos de xogo para pequenos e maiores. O Día sen Coches ten lugar dende as 10:00 ata as 22:00 horas nas rúas Vila de Laxe (Chorís), Eduardo Pondal (A Granxa) e Concepción Arenal, Cervantes e Valle-Inclán (centro). Nestes tres barrios celébranse actividades simultáneas: pintado de xogos no chan, módulos tipo skate-park para uso con patinetes e bicicletas, actividades deportivas… Na rúa Vila de Laxe hai zumba, cun grupo de nenos e nenas e outro para persoas adultas a continuación. Outra actividade novidosa ten lugar no aparcamento do Pazo da Cultura (A Cristina): un obradoiro para mulleres que levan tempo sen andar en bici e queren recuperar o hábito ou que queren mellorar as súas habilidades. Monitores/as do Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino encargaranse de achegarlles os coñecementos necesarios nunha sesión teórico-práctica que rematará cunha pequena ruta.
16