Carballo | Celebrado o pleno ordinario de febreiro coa aprobación dos orzamentos para 2021

Ayuntamiento de Carballo_GOOGLE MAPS

A corporación municipal carballesa celebrou este luns o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. A sesión, que unha vez máis foi telemática, comezou cun minuto de silencio polas vítimas da COVID-19. Neste pleno foron adoptados os seguintes acordos:

  • Aprobación de facturas pendentes do 2020 por importe de 94.100€, cos votos a favor do BNG e as abstencións do resto dos grupos.
  • Cadro de persoal, composto por 305 prazas, das que 153 están vacantes, cos votos a favor de BNG e PSOE e as abstencións de PP e TeGa.
  • Orzamento municipal para o 2021, por 26.159.231 euros, cos votos a favor do BNG e as abstencións do resto dos grupos.
  • Resolución contractual por mutuo acordo da concesión do quiosco do xardín, por unanimidade.
  • Expediente de investigación da titularidade dun terreo en Bértoa, coa abstención do PP e os votos en contra de TeGa.
  • Modificación do PXOM para a construción dun aparcamento no polígono de Bértoa, coa abstención de TeGa.
  • Tamén se deu conta da renuncia da concelleira Milagros Lantes á dedicación exclusiva tras a súa xubilación.

Tamén foron presentados e respondidos varios rogos e preguntas.