Carballo celebrará este domingo a primeira ‘Feira do Mercado Social’

Cedida

  • Este xoves presentarase a programación na aula de formación do mercado municipal

O Concello de Carballo busca impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias, que fomenten o respecto ás persoas e ao medio ambiente en todos os ámbitos da economía, a través da celebración da primeira ‘Feira do Mercado Social’. Celebrarase no mercado municipal este domingo, 12 de decembro, desde as 10:30 horas.

No mesmo edificio, aínda que na aula de formación, terá lugar este xoves a presentación das actividades que se desenvolverán ao longo da xornada, organizadas pola Oficina de Promoción Económica do Concello de Carballo coa colaboración de REAS Galicia, unha rede de empresas con características éticas e solidarias que desenvolven a súa actividade na nosa comunidade autónoma e que está constituída na actualidade por 25 entidades.