Carballo celebrará o 17 de agosto o Día do Peón


Será cunha ruta que se realizará polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo. O punto de encontro será o aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, onde se te inscribes, serás recibido/a cun agasallo moi práctico para os teus paseos cotiáns. Ás 19.30 empezará a camiñata cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, aproximadamente, e apto para todas as idades. Podes inscribirte de xeito presencial na Biblioteca Rego da Balsa ou de maneira telemática.