Carballo celebrará o Día do Peón cunha andaina para todos os públicos

1 minutes read

O Concello de Carballo a través da Concellaría de Mobilidade convida a toda a cidadanía a camiñar o 17 de agosto, porque non hai mellor maneira de celebrar o Día Mundial do Peón que tomando as rúas cos medios de locomoción máis antigos, sans e sostibles: os nosos pés.

Pero se ademais de saír andar como tanta xente fai a diario, se queres facelo dun xeito organizado non tes máis que anotarte para participar na ruta que se realizará polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo. O punto de encontro será o aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, onde serás recibido/a cun agasallo moi práctico para os teus paseos cotiáns. Ás 19.00 horas terá lugar a xuntanza para empezar a camiñar cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, aproximadamente, e apto para todas as idades.

Podes inscribirte enviando un correo electrónico cos teus datos (nome e idade) a comunicacion@carballo.gal.