60
A primavera reparte sol con xenerosidade e insufla alento. As terrazas que hai pouco durmían agardando tempos mellores son agora trincheiras que axudan a resistir. En Carballo este domingo ao mediodía xa non quedaban mesas libres, nin o cambio de hora afectou, os hostaleiros din que están traballando ben, aínda que limitados ao cincuenta por cento da capacidade no exterior. Cren que será unha boa Semana Santa, dentro das posibilidades, sempre matizan. Polo momento, parece que a primavera seguirá vogando climatolóxicamente a favor.
