0
O Venres Santo comezou en Carballo coa celebración do Vía Crucis ás 9.00 horas, xa pola tarde ás 19.30 horas tivo lugar a celebración da Paixón e Adoración da Cruz. Ás 21.00 horas celebrouse a vixilia da oración e saíu a procesión coa participación das confrarías de Cristo da Mocidade, Santo Cristo da Milagrosa, e a Nosa Señora das Dores. O acto terminou cunha oración conxunta na praza do Concello. Xa este Sábado Santo, ás 23.00 horas celebrarase a solemne Vixilia Pascual na igrexa parroquial e o Domingo de Pascua, ás 12.30 horas a Misa de Pascua de Resurrección e Bautizos.