Carballo celebrou unha das festas da Milagrosa máis concorridas da súa historia

Desde o multitudinario concerto do venres do Combo Dominicano, á sardiñada, os clásicos da Compostela, o rock do grupo Claxxon, a visita ás alfombras, ou a concorrida misa de campaña oficiada por monseñor Julián Barrio, arcebispo emérito, á que seguiu a tradicional procesión, o barrio carballés da Milagrosa estivo a rebordar de xente durante toda a fin de semana. O bo tempo acompañou durante a maior parte dunhas xornadas festivas moi arraigadas no barrio, que coa exhibición folclórica de Bilitroque de Berdillo e a última verbena ás 22.00 horas co grupo La Bamba, puxeron o broche de ouro a unha das edicións da Milagrosa máis concorridas da súa historia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha