Carballo | Circula á fuga, sen seguro, sen carné, bebido e co coche a nome dun menor

Lugar da detención.

Un veciño de Carballo, J. L. L.E. de 50 anos de idade, provocou un incidente de tráfico ás dúas da madrugada deste domingo polas rúas da localidade, polo que lle foi imputado un delito contra a seguridade viaria. Os feitos comezaron na zona da Milagrosa cando unha patrulla da Policía en labores de vixilancia observou manobras estrañas a un turismo Volkswagen Passat, que ao tratar de identificalo déuselles á fuga. Tras unha breve persecución o fuxido saíuse da vía contra un bordo á altura do Hotel Moncarsol, na intersección das rúas Mahón e Finisterre, polo que tras tentar fuxir a pé foi detido. En aras de esclarecer todo o ocorrido, a forza actuante determinou que o coche estaba sen seguro, o condutor ía bebido, non tiña carné de conducir e ademais o vehículo figuraba a nome de B.G.D., menor de idade.