Carballo colabora na visibilización do emprego das persoas con discapacidade

1 minutes read

Visibilizar o emprego entre as persoas con discapacidade é o primeiro paso para normalizar unha situación que é máis frecuente do que moitos pensan, pero que segue sendo un reto para moitas persoas que non atopan cabida no mercado laboral ordinario, ben polas súas “capacidades diferentes” ou ben polos receos que espertan nos seus empregadores.

Un dos xeitos de contribuír a esa normalización é a exposición Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas, inaugurada no Pazo da Cultura coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero; a deputada provincial de Benestar Social, Ana Lamas; o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez, e representantes de centros de emprego con presenza na contorna.

A mostra pretende contribuír a darlles voz aos traballadores con discapacidade que atoparon nos centros especiais de emprego o mellor escenario para desenvolverse profesionalmente. E nada mellor que a través das imaxes captadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva, quen ao longo de dous anos e medio desprazouse a unha decena de centros para plasmar a actividade destas persoas no seu quefacer diario en empresas de xardinería, téxtil, xoiería, oficinas ou reciclaxe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?