28
Un novo accidente produciuse na mañá deste mércores na estrada DP-1914 ao seu paso pola parroquia carballesa de Rus. O sinistro tivo lugar no quilómetro 4,5 da devandita estrada, cando un turismo que circulaba dirección Santiago se dispoñía a realizar un xiro á esquerda para entrar nunha gasolineira da zona e non decatarse de que o vehículo que lle precedía estaba a realizar unha manobra de adiantamento. Como consecuencia do infortunio os dous coches chocaron, aínda que por sorte, en principio, non houbo que lamentar danos persoais. Dada a voz de alarma, ao lugar acudiron Protección Civil de Carballo, a Garda Civil de Tráfico e unha brigada de limpeza de vía.
