Carballo | Colisionan un turismo e un camión de transporte de combustible na saída da AG-55

Os equipos de excarceración desprazáronse á AG-55, en Carballo, en concreto á saída do polígono de Bértoa, para liberar ao condutor dun turismo que bateu por alcance cun camión cisterna cargado de combustible.

O persoal do 112 Galicia mantivo comunicación co camioneiro, que resultou ileso, e que aseguraba o bo estado da carga malia ao golpe que sufriu a cisterna. 

Para a atención do condutor do turismo que resultou ferido leve, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos Bombeiros de Carballo e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Mais, á chegada dos medios, a persoa xa estaba liberada e accesible e mostrábase consciente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha