Carballo conta cun equipo móbil de ITV, de xeito permanente, durante todo o mes de agosto

A estación está situada no polígono de Bértoa, fronte á nave de Talleres Agrícolas Pose, e funciona en horario de mañá. A media de inspeccións supera o medio cento ao día, segundo indicou o persoal que atende o servizo ao alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Daniel Pérez, que se achegaron hoxe ata alí.

As persoas interesadas xa poden pedir cita a través da páxina web da empresa concesionaria do servizo en Galicia, Supervisión y Control, ou do teléfono 981 928 080. Esta campaña extraordinaria da ITV, na que colabora o Concello de Carballo, complementarase coas visitas periódicas que realizan todos os anos as unidades móbiles de turismos, vehículos agrícolas e ciclomotores. Estas son as datas previstas para o segundo semestre do ano:

  • Turismos. Polígono industrial de Bértoa, do 9 ao 16 de setembro (agás fin de semana). Horario de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. O día 16 só pola mañá.
  • Vehículos agrícolas. Polígono industrial de Bértoa, do 1 ao 8 de setembro (agás fin de semana). Horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Os días 5 e 8 só pola mañá. Xa non quedan citas.
  • Ciclomotores. Praza do Concello, o 15 de outubro en horario de 09.00 a 13.30.

Para solicitar cita previa:

Related posts

Cee | XIIª Edición do Programa Educativo Cultural ‘O Mes da Fundación’

Vimianzo acollerá o sábado 3 de outubro unha campaña de limpeza do Río Grande

O luns 15 comeza o período voluntario de pago anual dos impostos en Carballo