Carballo | Continúa a venda de entradas para asistir ao ‘II Xantar A Milagrosa’

2 minutes read

Continúa, a moi bo ritmo, a venda de entradas para a asistencia á celebración da segunda edición do “Xantar A Milagrosa”.

Desde a Comisión de Festas do barrio da Milagrosa de Carballo, organizadora do evento, informan que ata a data vendéronse 350 entradas, e que o prazo para adquirilas termina este domingo día 28, coincidindo co domingo de feira para dar oportunidade de compralas a aquelas persoas provenientes doutros puntos do concello.

O evento celebrarase o sábado 3 de xuño nas instalacións do polideportivo do Colexio Xesús San Luís Romero.

Os actos darán comezo á 13.30 h. coa apertura de portas para dar paso a unha pequena sesión vermout que correrá a cargo de Dj Giancarlo.

A continuación, a partir das 14.30 horas, servirase a comida que consistirá en empanada variada, polbo á galega, churrasco de porco e tenreira, chourizos criollos, patacas, postre e licores. Todo iso regado con viño branco, tinto e auga.

Tras a degustación de tan exquisito manxar, Dj Giancarlo renovará a súa actuación, dando paso a unha velada que se alongará tanto como os corpos aguanten.

Como novidade este ano, se a climatoloxía o permite, tanto a sesión vermout como o baile de despois da comida celebraranse no exterior do pavillón polideportivo. A comisión organizadora acordou este cambio coa intención de que todas aquelas persoas que, por motivos diversos, non poidan asistir á comida se poidan gozar da sesión vermout e do baile, se así o desexan.

As entradas para o evento pódense adquirir a través dos membros da comisión organizadora ou nos locais de hostalería do barrio da Milagrosa.

Son numerosas as casas comerciais que cederon un bo número de agasallos para o sorteo que se celebrará durante a velada. Estes obsequios están expostos nun céntrico local do propio barrio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?