Carballo | Iniciado o proceso de contratación do primeiro paquete de obras financiadas co remanente

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local puxo en marcha os procedementos de contratación de cinco dos trece proxectos que se financiarán con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais e que suman algo máis de 1,4 millóns de euros, trátase dos seguintes:

  • Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra.
  • Rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa.
  • Rede de saneamento e abastecemento de auga en Cambre de Lema e Cambrelle-Razo.
  • Reforma do centro social do barrio da Milagrosa.
  • Substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”.

O obxectivo do goberno local é axilizar a tramitación tanto destas cinco primeiras coma das oito restantes actuacións que se financiarán co remanente, xa que deben estar rematadas a 31 de decembro do ano 2021. A necesidade de cumprir este prazo influíu á hora de escoller os proxectos, xa que deben ter un prazo de execución viable nese período de tempo.