Carballo convida a veciñanza a participar na comisión do San Xoán 2020

Presentación da revista das Festas do 2019.

Faltan cinco meses para o San Xoán, e a maquinaria que move as distintas pezas das festas patronais de Carballo xa está engraxándose para celebrar a simbólica edición do 2020. Tras o traspaso de “poderes” de Mar Eirís a Maruxa Suárez, a nova concelleira de Festas fai un convite a toda a veciñanza para participar na comisión organizadora das celebracións.

A primeira xuntanza está convocada para o 4 de febreiro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura. É unha reunión aberta a persoa de todas as idades e de todas as parroquias, así coma a colectivos e entidades de todo tipo que queiran contribuír a enriquecer o programa das festas de tod@s @s carballes@s.

Se precisas algunha información complementaria podes dirixirse ás oficinas do Pazo da Cultura chamando ao 981 704 300.