Carballo convoca o concurso de proxectos para o novo gran edificio cultural

1 minutes read

O Concello de Carballo da un paso estratéxico para consolidarse como o gran referente cultural de Galicia coa convocatoria pública para o deseño do seu futuro centro da música e das artes escénicas, que se situará na zona da estrada de Razo.

Investimento: máis de 8,2 millóns de euros integrados no plan «Carballo a man» (Fondos FEDER).

Tres módulos: o complexo contará con auditorio (o groso do proxecto), espazo polivalente e sede do Conservatorio Municipal de Música, deseñados para executarse por fases.

Co-gobernanza: tras un intenso proceso participativo, o equipo de arquitectura gañador co-deseñará o programa de usos final xunto co tecido cultural local.

O concurso: organizado en dúas fases xunto ao COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), contará con 25.000 € en premios para os finalistas e a adxudicación do proxecto.

Prazos: os profesionais teñen 30 días hábiles (a contar dende mañá, 2 de xullo) para presentar as súas ideas. Bases xa dispoñibles no Perfil do Contratante do Concello.