Os grupos municipais do BNG, fanse eco das protestas sociais sobre o xenocido israelí na franxa de Gaza. Un tema sensible que preocupa fondamente nas filas no BNG nacional, e especialmente nestas vilas onde residen familias palestinas dende fai meses. En Laxe a concelleira Cristina Vázquez cedeu a voz á veciña Maha Mendis (natural de Hebrón, Cisxordania) para que falara en nome da súa familia, nun acto moi emotivo onde se abrazaron cun aplauso de varios minutos de duración as palabras de Maha.
“Imos seguir saíndo ás rúas o tempo que faga falta, sen importar chuvia ou neve. Temos que esixir aos gobernos estatal e europeo que tomen medidas reais fronte ao xenocidio que está a sofrer o pobo palestino”, comenta Vázquez, “temos unha obriga para cos nosos veciños procedentes de Palestina de acompañalos nestes momentos tan duros para o seu pobo, e aliviar as súa preocupación sobre o futuro das súas familias, os seus amigos, e a súa terra, e que sintan que non están sós, que a sociedade bergantiñana está con eles, que Laxe está con eles”.
Maha explicou emocionada e rodeada da súa familia que “como nai é moi duro pensar en todas as crianzas que faleceron ata o de agora na franxa, e naquelas que están feridas en hospitais sen recursos, ou as que quedaron orfas, palabras que emocionaron a todas as persoas presentes.