Carballo | Corte de subministro para a madrugada deste martes na rúa Valle Inclán


A empresa Naturgy ten programado un novo corte de subministro con motivo dos traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica. A interrupción do servizo está prevista para o día 14, de 05:00 a 06:30 horas, e afectará aos números 12 e 14 da rúa Valle Inclán. As persoas que precisen calquera aclaración poden chamar ao 900 333 999.