Carballo | Cortes de luz este martes na avenida do Ambulatorio, Praza de Vigo e Vázquez de Parga

Foto.- dpm.

Ata o 13 de agosto está previsto, por parte da empresa responsable do subministro eléctrico, realizar traballos de mantemento no centro de transformación situado xunto ao número 115 da rúa Vázquez de Parga. Dentro desta actuación inclúese, para este martes día 3 de agosto, a instalación dun grupo no centro de transformación, o cal obrigará a realizar un corte de luz para a conexión e outro ao remate dos traballos. O primeiro está programado para as 08:00 horas, cunha duración aproximada de 20 minutos, e o segundo, coa mesma duración, comezará entre as 14:00 e as 15:00 horas.

Os cortes afectarán á avenida do Ambulatorio (números 4, 7, 11 e 13), á praza de Vigo e á rúa Vázquez de Parga (do 115 ao 171 pola marxe esquerda e do 122 o 146 pola dereita).