Carballo | Cortes de tráfico por obras de Gestagua na rotonda da Milagrosa

1 minutes read

A empresa concesionaria dos servizos do ciclo integral da auga, Gestagua, realizará durante os meses de xullo e agosto unha serie de melloras nas redes de saneamento e pluviais da rotonda da Milagrosa. As actuacións realizaranse por treitos coa finalidade de causar as menores molestias posibles ás persoas usuarias da vía. 
Os primeiros traballos comezarán o luns 10 de xullo e obrigarán a cortar a circulación rodada en dirección ás rúas Sol e Vila de Negreira, polo que todo o tráfico procedente das estradas de Santiago, Ordes e Avenida da Milagrosa deberá desviarse para dirixirse ao centro urbano ou cara A Coruña. A duracón estimada destas primeiras actuacións é de dúas semanas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?