Carballo | Cortes de tráfico por obras na rúa Compostela


UDF, distribuidora eléctrica de Naturgy, está a realizar unhna reforma integral da subestación eléctrica de Quintáns. Nestes traballos enmárcanse distintas obras que a compañía ten en marcha nestes momentos e que contan coas correspondentes licenzas e autorizacións por parte das Administracións competentes.

A actuación de maior envergadura, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno Local en xaneiro do ano pasado, consiste na reforma integral da subestación situada no lugar de Quintáns, na que a empresa eléctrica realizará un investimento de case dous millóns de euros co obxectivo de pasar do esquema actual de barra simple ao de dobre barra, mediante blindaxe do parque de 66kV, con celas tipo GIS que irán aloxadas no interior dun edificio de nova construción.

Na contorna comenzaron os traballos esta mesma semana, o que obrigou a cortar ao tráfico un carril da rúa Compostela. A circulación está regulada mediante semáforos, pero, para evitar retencións, a Policía Local recomenda desviarse pola Brea ata a rúa Verdillo.