36
Debido ás obras de substitución das vellas tubaxes de fibrocemento para seguir completando a trama urbana e mellorando o servizo municipal de abastecemento de auga, a partir do 1 de setembro quedarán pechados ao tráfico os seguintes treitos da rede viaria:
- Rúa Carré Aldao, dende Carballo Calero ata Antón Fraguas. O peche será total, e só se permitirá o paso das persoas residentes. O obxectivo é rematar a actuación antes de que comece o curso, xa que se trata dunha vía moi utilizada polas familias do alumnado do CEIP Bergantiños.
- Rúa Gran Vía, dende Vila de Ordes ata Vázquez de Parga. Neste caso, o corte realizarase en horario laboral e a duración das obras alongarase varias semanas. Esta actuación permitirá solucionar os problemas da rede de auga no treito de Santa Eufemia a Vila de Ordes.