Unha saída de vía provocada, presuntamente, por un fallo mecánico nos freos dun turismo que circulaba pola avenida de Finisterre desde Coristanco dirección a Carballo provocou danos materiais en dous turismos máis que estaban estacionados fóra da calzada. Os feitos ocorreron pasados uns minutos das dúas da tarde deste mércores cando un Seat Ibiza, segundo a versión do seu condutor, tentou parar na beiravía á altura do número 1 da avenida de Finisterre e falláronlle os freos, chocando contra un Nissan Juke e este á súa vez contra un Peugeot Partner pertencente á brigada de obras do Concello de Carballo. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.