Os corpos e forzas de seguridade tratan de localizar ao condutor dun vehículo Seat León de cor branca, presuntamente implicado en varios actos delituosos, e que na tarde deste venres deuse á fuga ao ser localizado nun control rutineiro. Lonxe de obedecer os sinais policiais para deterse, o condutor emprendeu a fuxida pola estrada AC-413, Carballo-Ordes, adentrándose na parroquia de Berdillo. No seu intento de evadirse dos vehículos policiais que lle pisaban os talóns o turismo sufriu unha saída de vía na estrada que une Berdillo con Bértoa. Ao verse acurralado, o condutor iniciou a fuxida a pé monte a través, abandonando o turismo e unha acompañante no seu interior, que máis tarde necesitaría asistencia sanitaria. Ao lugar acudiron varias patrullas policiais, tanto da Garda Civil como da Policía Local e de Tráfico, así como unha ambulancia do 061. As forzas da orde tratan agora de identificar e deter ao condutor fuxido.
Carballo | Dáse á fuga, provoca un accidente e foxe a pé polo monte
Coche Guardia Civil