O Destacamento de Tráfico da Garda Civil da Coruña investigou ao condutor dun patinete como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Os feitos ocorreron cando unha patrulla da mencionada Unidade que se atopaba realizando labores de prevención da seguridade viaria na estrada DP-1914 no termo municipal de Carballo, observou circulando pola devandita vía un patinete eléctrico que polas súas características non se podía incluír nos vehículos de mobilidade persoal (VMP).
A Garda Civil procedeu á detención deste vehículo ao obxecto de verificar se as especificacións técnicas do mesmo correspondían a un VMP ou a un ciclomotor. Tras realizar as comprobacións oportunas, os gardas civís constataron que o patinete correspondía á categoría de ciclomotor, polo que procederon a solicitar ao condutor o correspondente permiso de condución, carecendo esta persoa do mesmo por non obtelo nunca.
Os axentes procedeu á investigación do condutor, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, ao conducir un vehículo carecendo da correspondente autorización administrativa. A Garda Civil lembra que na categoría de Vehículos de Movilidad Persoal, só están incluídos os patinetes monopraza propulsados exclusivamente por motor eléctrico que alcancen unha velocidade máxima comprendida entre os 6 e o 25 km/ h e non dispoñan de sillín.